Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

“A banca pública galega non é una posibilidade, é algo necesario e nos decataremos axiña”

Xavier Vence Deza, Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago

Mal panorama vai ter por diante o tecido productivo galego como o mapa financieiro se reduza a 5 ou 6 tabeiróns do sector, e a comunidade quede sen entidade propia. A eles non lle interesan as pemes nin os autónomos, senon as grandes contas. Esa é unha das claves que explican porqué a banca pública galega "non é unha posibilidade, é una necesidade", como defende o economista Xavier Vence Deza (Rodeiro –Pontevedra– 1961) en liña co plantexado por formacións como o BNG. De feito, "en pouco tempo será inevitable darse de conta. Incluso o PP o fará", augura.

¿Cre que o plan de Castellano para salvar da subasta a Novagalicia –do que o Banco de España duda moito–, ten posibilidades?.

Penso que non ten moitos visos de viabilidade, pois desde fai tempo hai unha estratexia do propio Banco de España e do Goberno para entregarllle as caixas á gran banca privada. Ademáis, o plantexamento de Castellano choca coa lóxica dos fondos cos que parece que estaba negociando, que buscan unha rendibilidade alta con moitas garantías e a curto prazo. Para Galicia ningunha das dúas opcións é a mellor. Na miña opinión, a única posibilidade para preservar o carácter galego da entidade e a súa vinculación ó territorio o servicio da economía productiva sería que fose nacionalizada e convertida nunha banca pública. Está claro que unha economía como a galega, sen unha financieira con vocación de servicio o tecido das pemes, debuxa unha perspectiva moi mala, non son para a crise senón tamén para a poscrise. 

Más información en El Correo Gallego en Orbyt

19 may 2012 / 21:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito