Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 20 julio 2024
09:49
h
Aconteceu O 29 de outubro de 2012

O detido por suposta relación con Resistencia era inocente

Saiáns fora encarcelado pola presunta financiación de RG // Probas contra el: recibos de Galicola e entradas de concertos

    Aconteceu o 29 de outubro de 2012 en Ferrol. Unha ducia de furgóns antidisturbios cercaban a casa de Xulio Saiáns e Silvia Casal. A parella foi detida pola Policía Nacional en presenza do seu bebé de 8 meses, por pertencer supostamente á banda armada de Resistencia Galega. Pasaron horas na Comisaría de Ferrol, despois foron trasladados a Madrid. Silvia quedou alí en liberdade, sen ter que prestar declaración xudicial. Pero o seu compañeiro pasou seis semanas en prisión, acusado de financiar presuntamente o aparato de Resistencia. Un ano e catro meses despois, amósase a súa inocencia. A Audiencia Nacional ditou auto de sobresemento provisional do caso, ao non ter probas que acrediten a comisión dun presunto delito.

    Segundo o despacho Avogacía, que levou a defensa de Xulio, "xa non hai cargos contra el, o informe da Fiscalía pedía o arquivo pola evidente falta de probas". As probas empregadas contra o detido en 2012 non tiñan consistencia: recibos do refresco Galicola, entradas para concertos vinculados a entidades nacionalistas e independentistas...

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y Orbyt

    18 feb 2014 / 21:52
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito