Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h
25-M

Lidia Senra denuncia o escurantismo do Estado español sobre o tratado de libre comercio cos EE.UU

Alternativa Galega de Esquerda en Europa critica un acordo que implica entregar o país ao poder das corporacións transnacionais

    O capital continúa na súa ofensiva contra os pobos e as clases traballadoras de Europa. O último movemento, non por silencioso menos grave, é o Tratado de Libre Comercio que a Unión Europea está a negociar cos Estados Unidos. "Este acordo -denuncia a candidata de Alternativa Galega de Esquerda en Europa Lidia Senra- rematará de entregar o noso país ás multinacionais". A maiores, Senra critica o "escurantismo" con que o Estado español está a tratar un asunto só defendido polos lobbies das empresas transnacionais.

    "O poder ten interese en ocultar esta negociación que só beneficia ás clases dominantes e a esa oligarquía que condiciona as políticas europeas pero que nunca se somete directamente ás urnas", engade. E se esta tarde o citado tratado chega ao Congreso dos Deputados español débese a unha moción rexistrada pola Esquerda Plural. "Ningunha das patas do bipartidismo", explica indignada Lidia Senra, "se dignou en explicar á cidadanía o contido e as consecuencias do mesmo".

    O Tratado de Libre Comercio entre os Estados Unidos e a Unión Europea votarase nun Parlamento Europeo en funcións, xusto ao día seguinte das eleccións, o 26 de maio. Este texto habilitará s compañías transnacionais, esas que mandan nas antidemocráticas institucións europeas, a ignorar calquera outra lexislación, estatal ou nacional. E, ademais, incorpora un capítulo sobre a "protección dos investimentos que procura limitar a posibilidade de políticas públicas a prol da redistribución da riqueza cara abaixo.

    "É imprescindíbel que a cidadanía da Galiza coñeza e debata as gravísimas implicacións que este tratado terá para a nosa nación", conclúe Senra, "e que se organice para deter esta salvaxe agresión neoliberal ás nosas vidas".

    06 may 2014 / 18:59
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito