Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

A Liga Estudantil Galega, a organización máis votada no claustro da USC

O novo colectivo suma 19-20 voceiros // Os Comités, os primeiros en Santiago

    Santiago. As eleccións ao claustro para o alumnado da Universidade de Santiago de Compostela converteron á Liga Estudantil Galega na organización máis votada. Segundo os datos iniciais, a organización, nada hai pouco máis dun ano froito dunha escisión dos Comités, tería 19 ou incluso 20 claustrais.

    A Liga pasa así a ostentar a maior representatividade no parlamento da institución académica, que ata o de agora tiñan os Comités, e farao con 14 ou 15 representantes do campus de Santiago e 5 do de Lugo. A organización mostra a súa satisfacción polos bos resultados acadados na súa primeira cita coas urnas. "Para ser as nosas primeiras eleccións, pensamos que son resultados que están moi ben, aínda que non podemos caer na autocomplacencia", expresa Raquel Vázquez, responsable da organización no campus de Compostela.

    Más información en su edición de Orbyt de El Correo Gallego

    23 may 2012 / 21:04
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito