Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

O Consello Galego da Cultura sitúa a maior perda de galegofalantes nos últimos anos nos concellos pequenos

O informe do CCG subliña que a escola é "determinante" no manexo da lingua

Santiago. Non pode dicirse que a política lingüís­tica desenvolvida pola Xunta entre 2003 e 2008 fose un éxito rotundo, pero logrou frear a vertixinosa caída de galegofalantes, prestixiou o uso do idioma propio e, sobre todo, serviu pa­ra aumentar os falantes bilingües. Os datos despréndese dun informe que publica o Consello da Cultura Galega (CCG) en vésperas dos Encontros de Normalización Lingüística, que hoxe comezan na Facultade de Xornalis­mo, en Santiago.

O informe supón un duro revés científico ás teses que defende a Xunta para aplicar o seu polémi­co decreto plurilingüístico, xa que, lonxe de proporcionar un conflito, a política lingüística do Bipartito alen­tou os galegofalantes e ampliou o bi­lingüismo.

O texto é unha panorámica básica da evolución sociolingüística de Gali­cia a través de varios parámetros, co­mo a lingua habitual, a lingua inicial ou materna e as competencias lingüís­ticas. Tamén se ofrecen datos sobre o uso do galego en ámbitos determina­dos: o escolar, o familiar, social e labo­ral, así como os medios de comunica­ción e internet.

Para tracexar esa panorámica, cruzáronse os datos de tres fontes pri­mordiais de información: o Mapa So­ciolingüístico de 1992 -elaborado po­la Real Academia Galega (RAG)-, e as enquisas de condicións de vida das fa­milias do 2003 e do 2008, elaboradas polo Instituto Galego de Estatística.

Segundo o informe, as persoas que falan galego actualmente son o 58,8% da poboación. Entre 1992 e 2008, os bilingües con predominio do galego e os galegofalantes monolingües des­cenderon menos dun 10%. Unha evolución contraria á porcen­taxe de monolingües en castelán, que se estabilizaron en niveis próximos ao 19% desde 2003. Porén, en 1992, eran castelanfalantes só o 10,6%. Significativo é que existe un maior grao de castelanización canto menor é a idade do individuo, aínda que se rexistra unha desaceleración na perda de falantes de galego.

O informe rompe tamén o dogma de que a substitución do galego polo castelán se acomete nas grandes ci­dades: ao parecer, nos últimos anos, a substitución concéntrase de forma ca­se exclusiva nos concellos pequenos, mentres que nas cidades se detivo practicamente no último lustro.

Os datos indican tamén unha evo­lución decrecente do galego e do cas­telán como lingua materna única, ga­ñando peso os que aprenden as dúas linguas na casa cando son nenos. O galego, con todo, segue a ser, segun­do todas as fontes, a lingua materna da maioría da poboación. En 2008, máis de 600.000 galegos aprenderon as dúas linguas na casa, o dobre que en 1992.

Ao mesmo tempo, a lingua inicial por idades amosa tamén unha conten­ción na perda de falantes iniciais de galego e mesmo nunha recuperación nalgúns treitos de idade. O dato máis positivo sería o crecemento absoluto de falantes iniciais de galego no últi­mo treito de idade respecto de 1992. O resto de tendencias apuntan cara a unha certa contención, augurando unha certa estabilidade ou punto crí­tico, segundo a interpretación.

23 sep 2010 / 01:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito