Premian un traballo de estatística e investigación operativa Eduardo García Portugués
![Premian un traballo de estatística e investigación operativa Eduardo García Portugués Premian un traballo de estatística e investigación operativa Eduardo García Portugués](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x520/0c7/900d506/none/102922340/BKUW/eduardogarcia_692599_0x0_izda_CG935782_MG157953407.jpg)
![Premian un traballo de estatística e investigación operativa Eduardo García Portugués Premian un traballo de estatística e investigación operativa Eduardo García Portugués](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x520/0c7/900d506/none/102922340/OGWB/eduardogarcia_692600_310x0_izda_CG935782_MG157953408.jpg)
![Premian un traballo de estatística e investigación operativa Eduardo García Portugués Premian un traballo de estatística e investigación operativa Eduardo García Portugués](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x517/0c6/900d506/none/102922340/PXWE/eduardogarcia_692601_308x0_izda_CG935782_MG157953409.jpg)
Eduardo García con Leandro Pardo, presidente da Sociedade de Estatística e Investigación Operativa no momento de recibir a medalla do premio Ramiro Melendreras
O doutor pola USC Eduardo García Portugués recibiu o premio Ramiro Melendreras ao mellor traballo presentado por un investigador novo no XXXV Congreso Nacional de Estatística e Investigación Operativa celebrado en Pamplona a finais de maio. García Portugués, que traballa actualmente cun contrato posdoc no Departamento de Ciencias Matemáticas e no Centro de Bioinformática da Universidade de Copenhague, desenvolveu a súa tese no Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Facultade de Matemáticas da USC
No seu traballo Nonparametric testing in linear-directional regression, with application to protein structure inference preséntase unha anovadora aplicación dos métodos nonparamétricos para datos direccionais a datos de proteómica. O estudo forma parte da tese que lle dirixiron os docentes da USC Rosa Crujeiras Casais e Wenceslao González Manteiga e dunha estancia de investigación coa profesora Ingrid Van Keilegom no Institute of Statistics, Biostatistics and Actuarial Sciences da Universidade Católica de Lovaina (Bélxica).
O Premio Ramiro Melendreras recoñece a labor de novos investigadores no ámbito da Estatística e da Investigación Operativa, e convócase cada ano e medio co gallo dos congresos nacionais da Sociedade Española de Estatística e Investigación Operativa.