Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

O profesor expedientado por homofobia volve dar clase

A USC suspendeuno dous meses de emprego e soldo // Non empregará os seus libros

    Unha falta grave que se traduciu en dous meses sen emprego nin soldo. Esta é a sanción coa que a Universidade de Santiago de Compostela (USC) pechou o expediente informativo aberto a raíz das denuncias por homofobia e machismo contra o profesor de Ciencias da Educación Domingo Neira. Unha vez cumprida a medida disciplinaria, Neira volverá dar clases o curso que vén no grao de maxisterio de Educación Primaria.

    A finais do pasado mes de novembro, un grupo de estudantes do grao de Mestre/a de Educación Infantil atreveuse a denunciar ante o decanato cos seus nomes e apelidos o que era vox pópuli no centro dende había anos. O detonante foi un debate no que aseguraban que o profesor vinculou a homosexualidade coa pederastia. E foi o propio Neira o que se ratificou publicamente nos seus argumentos, chegando a afirmar a este diario que "a pederastia é conxénita e o mariconeo, o mesmo".

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    30 jun 2014 / 21:26
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito