Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 20 julio 2024
09:49
h
Asesora enerxética do Programa Prometeo en Ecuador

“A reforma eléctrica castiga ás renovables e prexudica a Galicia”

Rosa Regueiro Ferreira (Santiago, 1976), profesora de Economía Aplicada da Universidade da Coruña (UdeC) e do Máster en Enerxías Renovables e Desenvolvemento Sostible da USC, comparte ambas tarefas coa de asesora enerxética do Programa Prometeo en Ecuador, vencellado ao Banco Mundial.

De verdade estamos ante a reforma do sistema eléctrico en España?

A situacion é de incertidume. É a primeira vez en que case todos os axentes vinculados ao sector están dacordo nunha cousa: en ter medo e estar preocupados. É unha reforma eléctrica que, teóricamente, prima a potencia, e hai economías domésticas que non poden pagar a luz. España está sendo sinalada en Europa pola preocupante incidencia da pobreza enerxética. Habería que falar de reforma enerxética e non só de reforma eléctrica.

En conxunto?

En conxunto, porque cando falamos de política enerxética temos tres puntos claves que tocar: garantía de suministro, sostenibilidade ambiental enerxética e competitividade. España é rica en petróleo? Non. En carbón? Xa non. En nucleares? Tampouco. En gas natural? Menos aínda. Todo eso ten un peso moi importante na factura enerxética. Pero temos enerxías renovables, que non estiveron ben planificadas, pese a ser cuartos a nivel mundial, e segundos en Europa. Neste momento están marcadas cunha cruz vermella como se fosen as grandes responsables da desfeita, cando sabemos que non é así.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

20 abr 2014 / 19:43
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito