Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

Unidades mixtas: a unión fai máis I+D+i

En 2014 creáronse oito novas alianzas entre empresas e centros tecnolóxicos ou universidades. Estes son algúns dos protagonistas e retos

    As colaboracións entre universidades e centros tecnolóxicos coas empresas para beneficio mutuo non son nada novo. Pero dar o salto das relacións puntuais en investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) a unha colaboración máis estreita e intensa pode acelerar de forma importante a transferencia do coñecemento ao mercado e potenciar tamén a creación de novo coñemento máis básico. Esta é a idea na que se sustenta o programa de unidades mixtas da Xunta, unha acción que na súa primeira edición, lanzada en 2014, permitiu consolidar 8 relacións intermitentes e xerar 110 empregos de alta cualificación na comunidade.

    O apoio do Goberno galego consiste nun financiamento que cobre o 30% do investimento de cada unidade mixta. A empresa ten que asumir o 40%, porcentaxe que polo menos debe ascender ao millón de euros, e o resto corre por parte do outros socio, institucións públicas ou privadas sen ánimo de lucro.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    04 abr 2015 / 20:52
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito