Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
tvg

Gayoso terá a Moncho Borrajo como invitado hoxe no inicio do novo 'Luar'

Retorna así un dos éxitos máis agardados e que terá cada semana diferentes personaxes famosos

    Esta noite volve un dos éxitos da Galega máis agardados. Regresa un líder de audiencia clásico en Galicia que afronta novos propósitos para armala outra vez. Este venres á noite a pantalla vístese de gala para recibir a un renovado Luar (21.30 horas).

    O programa comeza a súa era XVIII cheo de novos recursos festeiros e musicais que levan sempre como protagonista principal os contidos propios da nosa terra. Luar está dirixido por Teo Manuel Abad e Xosé Ramón Gayoso. Precisamente unhas das novidades desta temporada que arranca hoxe é que Xosé Ramón Gayoso contará como copresentadores coa presenza de diferentes personaxes famosos que o acompañarán cada semana. Este venres, nun programa dedicado ao Bico e como estrea de luxo, os espectadores gozarán da participación de Moncho Borrajo. O versátil artista ourensán, que intervirá no programa durante este mes de setembro como copresentador, fará gala ademais do seu sentido do humor particular n o transcurso dos programas.

     

    17 sep 2009 / 21:38
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito