Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h
{OS OUTROS DIAS}

Eiquí non pasa nada

    NON TEÑO moito do que lles escribir. Pásome o día lendo. Ocorréuseme aceptar a suxerencia dun amigo (agora seica se di suxestión, no normativo ese) e véxome sendo membro dun xurado que ten que valorar propostas e máis propostas de xeito que, collendo como collen tódolos libros publicados no 2009, eiquí me teñen debullando todo canto fora adiando na agarda de días millores. Pois xa chegaron. Vou acabar falando en prosa, coma o personaxe de Moliere. Fálolles de libros?

    Millor non. Se xuzgo polo que levo lido estamos nas mesmas de hai uns cantos lustros. Entón na nosa literatura había varios temas recorrentes, entre eles: os propios de nenos; ou sexa, as historias contidas nos contos infantís e maias narradas nos contos todos que falan da nenez do autor, por unha banda. Por outra, os propios da descripción pormiuzada da aldea da nenez e/ou da xente que a habitaba, como principais. A eles a hai que lles engadir agora os referidos ó paradigmático 68 que, porque foi unha revolta na que participaron, nuns casos, ou por que non chegaron a facelo, noutros moitos, o caso é que nin que estiveran vocacionalemente chamados ó seu tratamento, mesmo ofrecidos, os escriotores actuais pois calqueira diría que fose obrigatrorio. Ó millor trátase dunha casualidade, pero as novelas primerias que levo lidas encaixan perfectamente no que lles comento. Non é cousa de se poñer a das títulos ou nomes de autores.

    Entre os citados e mailas hostorias de profesores, algo pasa que deberiamos descifrar; millor dito, que deberían descifrar os preocupados no tema. A mín hai tempo que deixou de atosigarme calquera teima a este respecto. Sei que calquer tema é bo e que o que o ha distinguir ha ser o tratamento que se faga del. Por iso logrei xa ler desprexuiciadamente cada vez que se me repite o tema malia que as máis das veces ó tempo se repita a historia.

    O caso é que pódolles escribir de moitas novelas, pero de poucas cousas que sucederan ó meu redor. Eiquí non pasa nada. Case nunca, claro.Querer queríalles falar, iso sí, da novela de Luís Manuel García Mañá, titulada O grito de Ipiranga, que foi presentada n'A Coruña hai xa algúns días e que foi editada por Galaxia. Empecei a lela logo da presentación, vin que empezaba moi ben e que non trataba de ningún deses temas que, a verdade sexa dita, xa fartan un pouqiño, pero deseguida botóuseme o tempo enriba e peguei a ler coma un descosido todo canto tiña sen lle poñer un ollo enriba.

    E alá se me foi a novela do García Mañá, editada neste ano, que non compite, non pode, con estas das que eu lles falo, senón veríamos. Pois iso.

    Escritor, Premio Nadal

    e Nacional de Literatura

    08 may 2010 / 22:47
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito