Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Mitos prosaicos

    Os medos son coma os mitos: herdados. De nena, tremía cos suspiros tan fondos da tía Elisa, pouco sabía eu dos rigores das enfermidades mentais. Perdía o sono co pesadelo de que estouparan as Burgas e a lava nos abrasara. Moito me laiaba a idea de meu pai por marcharmos á capital para puidermos estudar. Os desacougos polas incertezas estaban neses temores infantís. Non eran dragóns nen figuras lexendarias os que daban medo, senón a vida adulta, agochada pero real.

    Hai crenzas tan asentadas que nen sequera se poñen en dúbida. Case que á altura de mitos literarios e culturais, como se non precisaran sempre de interpretación. O pai (Saturno) que devora aos fillos, os nenos (Rómulo e Remo) criados por unha loba, son lendas con significado simbólico máis aló do conto literal. Abonda con achegarse á leitura da talentosa I. Vallejo (El infinito en un junco) para comprobar os matices dos mitos clásicos e a súa proxección no mundo real. Eses mitos, moitas veces excesivos, mostrados nas tradicións literarias teñen correlatos prosaicos en instalados entre nós.

    Son certezas que se esfuman cando se visualizan no concreto. Tópicos como a familia unida, a maternidade feliz, o amor entregado, ou as expectativas previstas, resultan de conviccións simples cheas de inxenuidade que non compaxinan ben coas incertidumes terrenais.

    Hai narrativas recentes que precisamente riscan esa visión reducionista e mitificada sobre modelos en positivo. A última novela de L. Landero (Lluvia fina) relata sutilmente como arañeiras de enconos, envexas e o que se di sen dicilo, afogan o aire familiar. As anécdotas sobre reunións familiares que estoupan fan populares as gretas en grupos avindos tan só na fachada.

    Ao redor da maternidade xa é común escoitarmos voces sobre o desgaste corporal e mental de traermos descendencia. Mais tamén sobre as consecuencias derivadas das previsións sociais de felicidade sen fenda, tan prendidas. O club das chamadas “Malas madres” (https://clubdemalasmadres.com/) é unha solaina para mirar esa realidade de seu.

    A novela da canadense A. Ashley (El instinto) afonda nas augas escuras dos vínculos cambiantes entre nai-filla-pai, e a través da dor dunha nai observadora. No seu libro case que autobiográfico (Tú no eres como las otras madres), A. Schrobsdorff debuxa o perfil de súa nai, muller independente sendo xudea na Alemaña nazi. Os lazos sentimentais entre a nai con cada un dos tres fillos e con cadaquén de seus pais, e peneirados desde as percepcións da autora, deparan unha panorámica rica de tons –mais nunca avaliativos– sobre que significa ser nai para unha filla.

    A crenza sobre o amor entregado como máxima resulta a todas luces tóxica, e agocha estruturas de dominio tan enraizadas que case non se perciben. Ninguén coma o cineasta sueco I. Bergman para mostrar en Secretos de un matrimonio as relacións de poder tensionadas nunha parella que se vai revelando nas súas actitudes fariseas e velenosas. Nesa gran novela que é La trama nupcial, o escritor americano J. Eugenides confronta con aguda ironía o concepto de amor romántico e as vivencias sentimentais da protagonista: Madeleine acaba caendo naqueles mitos do amor que precisamente cuestiona na súa investigación doutoral en curso.

    Embebendo todas estas certezas está o xeito de forxarmos expectativas que as máis das veces xeneran frustración porque non se cumplen. O principio de incertidume de Heisenberg (1901-1976), tan ben acaído no discurso do patrón da fábrica de básculas no filme El buen patrón de F.
    León de Aranoa
    , debería popularizarse. Risca tanto os medos (“nada no presente avanta o futuro”), como estoura os cementos de crenzas segura

    03 nov 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.