José Afonso, eido da actuación de Alba María e Queco Díaz

49 aniversario da Revolución dos Caraveis

49 aniversario da Revolución dos Caraveis / ECG

Redacción

”Hoxe toca celebrar o 49 aniversario da Revolución dos Caraveis”, sinalan desde AJA-Galiza cara a un concerto para “conmemorar a data que acabou coa ditadura en Portugal e a figura de José Afonso, autor do Grândola, vila morena”. Dese xeito, haberá unha actuación a cargo de Alba María e Queco Díaz, “que interpretarán repertorio propio e de José Afonso, e tamén tocará o dúo integrado por Aldara (violín) e Manu (guitarra), alumnos do Conservatorio de Música de Santiago de Compostela, que se unen ao labor de formación e divulgación que impulsa a AJA-Galiza”, engaden no comunicado. Será ás 19.00 h. na Praza de Cervantes. Este acto pechará co canto colectivo do Grândola, vila morena “e cos caraveis en alto como símbolo da revolución que abriu un novo tempo de liberdade”, rematan na nota de prensa.

TEMAS