Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 29 julio 2024
19:16
h

Alumnado do López Ferreiro 'intercambia patrimonio' con escolares de Toledo e Segovia

O colexio resultou seleccionado como centro gañador da cidade de Santiago co proxecto "Unha rota mitolóxica. Outra guía para coñecer Santiago de Compostela"

No marco do programa didáctico "Aula de patrimonio", organizado polo grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, o CEIP López Ferreiro resultou seleccionado como centro gañador da cidade de Santiago co proxecto "Unha rota mitolóxica. Outra guía para coñecer Santiago de Compostela".

Os seus autores, o alumnado de 6º A e 6º B do CEIP López Ferreiro, puideron coñecer e intercambiar experiencias con escolares doutras cidades patrimonio. Así, exerceron de guías e monitores por Santiago cos compañeiros de Toledo, do colexio San Lucas y María. E durante esta semana, os días 27, 28 e 29, o alumnado compostelán viaxou a Segovia. Alí visitaron os monumentos máis significativos, pero tamén coñeceron aspectos etnográficos, xa que participaron nun obradoiro de música tradicional e, finalmente, foron recibidos no concello de Segovia xunto cos escolares do colexio anfitrión, Fray Juan de la Cruz.

En definitiva, unha experiencia que, segundo o profesorado, resultou do máis positivo para que desde as idades máis temperás se aprenda a poñer en valor o tesouro patrimonial das cidades, das que estas nenas e estes nenos, forman parte.

31 mar 2017 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito