Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

O domingo 11 remata a V edición (é)Tapas

Esta é a última semana para desfrutar da oferta de hospedaxe e tapas de 33 hoteis da cidade

O concurso Santiago(é)Tapas 2012 continúa a bo ritmo e xa superou os 20.000 petiscos consumidos nos 72 locais que participan nesta V edición do concurso, que conclúe o vindeiro domingo 11. Santiago(é)Tapas conta cun total de 117 creacións a un prezo de 2 euros. Os establecementos participantes e os organizadores  amósanse satisfeitos coa marcha da cita. Hai cinco premios en xogo para eles dos que o xurado outorgará tres: o Primeiro premio á mellor tapa conta con 2.000 euros; o Segundo, con 1.200 euros; e o Terceiro galardón é de 1.000 euros.

Os premios

Ademais, o público tamén asignará dous premios. O creador da mellor tapa para o público recibirá 800 euros; e o establecemento que acade a maior excelencia para os seus visitantes acadará 500 euros.Os clientes, ao deixaren os seus datos nos votos con forma de pousavaso entran nun sorteo de 3 lotes con produtos enogastronómicos, estancias en hoteis e comidas en restaurantes adheridos. Un posto situado na Praza de Galicia é o lugar onde se entregan os premios directos aos que completan os diferentes vieiros. Funciona todos os días de 12:00 a 14:00 da mañá e no serán de 17:00 a 21:00.

Tapas aptas para celíacos e vexetarianos

O certame dedica unha atención especial aos celíacos, con 21 creacións aptas para o colectivo dispoñibles en 17 establecementos. A Asociación de Celíacos de Galicia colabora coa organización e avala a idoneidade destas receitas.  Ademais, tamén hai petiscos vexetarianos e doces.

Hospedaxe e tapas e copas

Tamén ata o domingo, 33 establecementos de hospedaxe da cidade de 5, 4, 3, 2 e 1 estrelas ofertan un incentivo que ofrece dous días de estancia en habitación dobre, almorzo, visita guiada á zona monumental, viaxe en tren turístico, un paraugas promocional, entrada á exposición “Gallaecia Petrea” na Cidade da Cultura e vales para a degustación de tapas no concurso.

E, xa pola noite, chega a oportunidade de probar o Santiago(é)Noite. 17 locais da hostalería nocturna toman parte desta actividade, mantendo os seus horarios habituais. Os cócteles de Santiago(é)Noite teñen un prezo de 3,50 euros para quen presente o seu tapasporte.

08 nov 2012 / 10:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito