Laura Tato: "Vidal Bolaño reinventou e profesionalizou o teatro galego"
![Laura Tato: Vidal Bolaño reinventou e profesionalizou o teatro galego Laura Tato: Vidal Bolaño reinventou e profesionalizou o teatro galego](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x551/0c23/900d506/none/102922340/XLQP/lauratato03_628110_0x0_izda_CG806525_MG147168511.jpg)
![Laura Tato: Vidal Bolaño reinventou e profesionalizou o teatro galego Laura Tato: Vidal Bolaño reinventou e profesionalizou o teatro galego](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x549/0c22/900d506/none/102922340/LUQJ/lauratato03_628111_310x0_izda_CG806525_MG147168512.jpg)
![Laura Tato: Vidal Bolaño reinventou e profesionalizou o teatro galego Laura Tato: Vidal Bolaño reinventou e profesionalizou o teatro galego](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x549/0c22/900d506/none/102922340/KFQJ/lauratato03_628112_308x0_izda_CG806525_MG147168513.jpg)
Roberto Vidal Bolaño normalizou o teatro en Galicia, incorporando elementos da cultura tradicional, da literatura, das artes plásticas e mesmo do adiovisual, afirmou este luns no Ateneo de Santiago a profesora da Universidade da Coruña Laura Tato, especialista na obra do autor elixido pola Real Academia para conmorar o Día das Letras Galegas. Presentaron o acto, seguido por numeroso público, os tamén académicos e ateneistas Salvador García Bodaño e Euloxio Ruibal.
Laura Tato fixo un minucioso percorrido pola extensa obra dramática do autor Compostelan Roberto Vidal, atendendendo, sobre todo, á súa evolución dramatúrxica e escénica dende que, en 1973 e ata 1985, puxo en marcha o grupo Antroido, despóis dunha primeira etapa no grupo cinematográfico Lupa e no grupo teatral Obradoiro.
Para a profesora Tato, Vidal Bolaño participou xunto a Euloxio Ruibal no que denominou a refundación do teatro galego e na súa profesionalización, chea de dificultades pero plagada de acertos. Destacou unha primeira fase na que incorporou á súa dramaturxia a cultura popular galega, seguida dunha segunda etapa na que sumou as fontes literarias galegas Rosalía, Cunqueiro, Ferrín, Otero Pedrayo- e unha tercerira, entre 1985 e 1991, en que, por presións políticas, viuse marxinado da escena e nutre a súa creación cunha bagaxe estética e técnica dos medios audiovisuais.
A conferenciante destacou a etapa final do autor, morto prematuramente cando apenas contaba cincuenta anos, como unha etapa de plenitude artística e creativa coa compañía Teatro do Aquí e a colaboración co teatro institucional do Centro Dramático Galego