Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

O musicircus homenaxea a John Cage na Cidad da Cultura

A igrexa da universidade acollerá tamén dúas retrospectivas de López de Guereña e Corigliano

Dirixidos por Diego García Rodríguez presentan a estrea absoluta de 'Visita turística a The land of opportunity' de Javier López de Guereña; e 'Mr. Tambourine Man' de John Corigliano, sete poemas de Bob Dylan para soprano e ensemble de cámara

John Cage

Este ano 2012 cúmprense 100 anos do nacemento, o 5 de setembro de 1912, do compositor norteamericano John Cage, unha das figuras máis importantes e influentes na cultura do século XX e, posiblemente tamén, unha das figuras menos comprendidas. O TAC quere pechar este segundo ciclo de Seráns cun gran circo musical galego na Cidade da Cultura. 

O Musicircus é un evento multidisciplinar de actuacións independentes de xeito simultáneo, presentado normalmente en espazos non habituais de concertos. Cage quixo plasmar en música as súas ideas sobre a anarquía. O Musicircus é unha obra anti-autoritaria, ata tal medida que non escribiu partitura. Non está nada prescrito sobre que participantes poden tomar parte, nin sobre a duración, nin coordinación ni a dirección. Non hai un centro (evento) dominante. No Musicircus non hai xerarquías. É unha invitación sen directrices: músicos de calquera ámbito son convidados a ocupar un certo espazo durante un certo tempo. O público terá a oportunidade de situar a súa atención ben nun evento individual ou ben na globalidade (ou en calquera punto intermedio).

O primeiro Musicircus foi organizado polo propio Cage en 1967 na Universidade de Illinois, nun espazo dedicado á exposición de gando. Dende entón foi utilizada en moitas ocasións para celebrar concertos restrospectivos da súa música. O TAC quere abrir unha convocatoria a través de internet para invitar a todos os músicos interesados a participar e facer unha festa musical na Cidade da Cultura.

Programa


DIEGO GARCÍA RODRÍGUEZ dirección
CARMEN GURRIARÁN soprano
Bob Dylan & Siniestro Total re-visitados
Igrexa da Universidade Santiago de Compostela venres 26 outubro  22.30
Javier López de Guereña (1957) Visita turística a The land of opportunity *
John Corigliano (1938)
Mr. Tambourine Man (2000)

Sete poemas de Bob Dylan para soprano e ensemble de cámara
Prelude: Mr. Tambourine Man
Clothes line
Blowin' in the wind
Masters of war
All along the watchtower
Chimes of freedom
Postlude: Forever young
* estrea absoluta

Igrexa da UniversidadePraza da Universidade

Luns 29 de outubro de 2012. 20 horas

MUSICIRCUS NA CIDADE DA CULTURA TALLER ATLÁNTICO CONTEMPORÁNEO
Luns 29 de outubro de 2012. 20 horas Edificio CINC


Director Artístico: Diego García Rodríguez
Presenta: Nicasio Gradaille
Restaurante Eirado da Leña


PARTICIPANTES
Alberte Oro Claro, Artista Plástico
Quim Fariña (violin), Manuel Amigo (gaita), Xavier Olite (baixo) e Santi Cribeiro (acordeon)
Siniestro Total
Zoar Ensemble, Quinteto de Vento Clásico
Pepe Solla Band
Quico Cadaval, Textos
Mónica de Nut, Voz e Elctrónica
Lilí Berlín ( Blanca Cendán e Suso Alonso), Cabaret
Pablo Carpinteiro- Rosa Sánchez Beiroa, gaita e percusión do século XIX
Nazaret Canosa-Adrián Linares (Dos a Dos) Dúo de Violíns
Estela García Ballesteros. Pintora e Textos de Cage
Cecilia Blanco. Toy Piano. Radio, Percusión e Textos de Cage
Estíbaliz Espinosa. Poesía e Canto e Pulpiño Viascón (serrucho e zendrum
Isabel Gil- Leonardo Blanco. Violín e Piano
Coro da Ra.
Non ou Edicións, Poesía e Palabra Manipulada
Oscar Pereiro. Ciclista-Músico
Saúl Canosa. Clarinete
Nicasio Gradaille. Toy Piano, radio, percusión
José Vicente Faus. Radio e Percusión
Diego García. Radio e Percusión
Luis Soto. Frauta barroca
Too Drunk to Drive. Grupo de Rock
Ezequiel Mosquera. Ciclista-músico
Marcos Pin- Pablo Seoane. Guitarra e piano (jazz)
Tono Arias. Fotografía
Ioana Ciobotaru. Viola
Carlos Méndez- Alfonso Morán-Oriol Xicart. Trío de Contrabaixos.
Cesar Morán. Voz e Guitarra
Xosé Manuel Oliveira. Ciclista-msico
Maruxa Baliñas- Xoán Manoel Carreira. Textos de Cage
Carlos Gil Fandiño. Guitarra Eléctrica

http://www.tac.gl/

24 oct 2012 / 10:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito