Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

“As artes escénicas en Galicia están en permanente autoconstrución”

A escritora Inma López Silva presenta ‘Resistir no escenario’, unha historia do teatro institucional

Santiago. A polifacética autora Inma López Silva, cuxa traxectoria pasa pola dramaturxia, a narrativa, a política e a docencia, ofrece unha nova monografía dedicada a repasar e, ao mesmo tempo, elaborar un relato sobre a historia institucional do teatro en Galicia que permita a súa divulgación tanto ao público interesado coma a aqueles lectores non especialistas no xénero.

Resistir no Escenario nace dun proxecto de colaboración entre a autora, o servizo de Publicacións da Universidade de Santiago e a Secretaría Xeral de Cultura, co obxectivo de adaptar para a súa publicación a tese de doutoramento a cargo da propia autora e dirixida por Dolores Vilavedra.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

02 mar 2016 / 20:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito