Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h
juan blanco valdés, Director do Servizo de Publicacións e Intercambio Científco da USC

“As editoriais son os buquesinsignia das universidades”

Seis premios de renome nos cinco últimos anos son a mellor testemuña, a mellor cata que pode facerse da profesionalidade do Servizo de Publicacións e Intercambio Científco que, no seo da universidade compostelá, dirixe o estradenseJuan Luis Blanco Valdés dende o ano 2009. Namorado do seu traballo, Blanco Valdés, licenciado en Filoloxía Hispánicae Filoloxía Gallego-Portuguesa pola Universidade de Santiago, relata ó cronista as tres obrigas das editoriais académicas:“transferir coñecemento e cultura xeral, divulgar a investigación básica que se fai na Universidade de Santiago e elaborarmanuais e outros elementos didácticos para uso interno”. Home meticuloso e esixente, detense no detalle, no matiz, naprecisión, máis alá do que permite a páxina, obrigada a condensar apenas o esqueleto dun traballo feito co rigor dun amanuense medieval. O resultado, por exemplo, a coleccion Clásicos do Pensamento Universal, “desde o punto de vista daedición en galego e da edición de Galicia é un fto importante. Ninguén está facendo agora mesmo nada parecido.

Por que o Servizo de Publicacións é importante dentro dunha institución académica?

Non quixera incorrer en comparacións odiosas, pero por que é coñecida popularmente Oxford?, por Oxford University Press, a editorial máis prestixiosa no Reino Unido e unha das do mundo. As editoriais son os buques insignia das universidades porque o libro é un obxecto tanxible, de deseño, de contido, no que se aprecia o esmero, a profesionalidade, a modernidade, a metodoloxía... Nós temos 1.200 centros de intercambio en todo o planeta a onde chega o que facemos.

O Servizo alude a 1945 como data de creación, pero a edición de Fonseca vén dende o século XVII.

A min gústame dicir, e non minto, que a da universidade é a editorial máis antiga de Galicia, porque como ti apuntas, as edicións da universidade veñen dende o século XVII. É dicir, que hai un vencello directo da acción editorial coas universidades, vencello que en Santiago non se produce dun xeito tan notable como en Salamanca, poño por caso, porque a Universidade de Santiago xorde nos primeiros anos do seculo XVI cando xa a imprenta estaba extendida. De todos modos, as universidades teñen unha xenética común, son motores de produción editorial, como non podía ser doutra maneira, porque nelas estaban as mentes pensantes e tamén pola necesidade de contribuir con material didáctico para os alumnos. Hai un libro moi bo sobre a edición no século XVI en Santiago, de Benito Rial Costas, Producción y comercio interior del libro en Santiago. Sinalaba que o Servizo como tal principia en 1945

Nunha publicación homenaxe a Mercedes Brea indago sobre as orixes históricas da edición universitaria e aí dou o dato. A orixe exacta do Servizo, coetáneo na súa historia recente co doutras universidades, é a Ley de la Universidad de 1943. De maneira que a partir do 1945, porque xa temos publicacións rexistradas así, as edicións da universidade incorporan como pé editorial Secretariado de Publicaciones e Intercambio Científico y Extensión Universitaria que pervive ata hoxe.

Non foron comezos doados

Nunha universidade como a franquista, atrofiada e con presenza do amiguismo, do nepotismo, as editoriais se desenvolveron baixo esos mesmos criterios. As edicións eran carentes de atractivo, sen ideas de deseño; o director da editorial lograba que os seus amigos fixeran carreira académica a base de publicar, moitas veces, sen rigor nin control. A situación muda cando se empezan a poñer as bases da universidade moderna, a partir da LRU, a Ley Maravall, de 1983, que comeza a marcar a pauta dunha democracia directa das universidades. A raíz da LRU xorde unha preocupación por parte dos xestores no sentido de profesionalizar a edición universitaria e se funda, en 1988, a Asociación de Editoriales Universitarias españolas (AEUE) que foi o xermolo da actual Unión editorial de Universidades Españolas (UNE). Con todo, en Santiago xa antes houbo certos movementos de ordenación da edición coa chegada do catedrático de Latín, ese sabio que foi Manuel Cecilio Díaz e Díaz, que adapta a idea dunha comisión de publicacións, coa presenza de seis ou sete "vacas sagradas" da USC, que era un primeiro xesto positivo de intento de ordenación do Servizo. Así que se afianza nos oitenta...

En tempos de Mercedes Brea, como responsable do Servizo a mediados os oitenta, tense claro que hai que unirse, que hai que dotar ás editorias de dispositivos funcionais axeitados, onde se definan claramente os obxectivos, como se financia, quen toma as decisións..., e por outro lado, hai unha necesidade clara de profesionalización, de impulsar medidas de deseño, de edición, de xestión, de distribución, de comercialización que na medida do posible se acheguen ós que son os ítems estandar do mundo editorial.

En que contidos se traballa?

En teses, libros e revistas. As teses de doutoramento edítanse en acceso aberto por disposicións legais e regulamentais da propia universidade, non do Servizo, debido á Declaración de Berlín sobre Open Access de 2003. A USC dende hai anos publica todas as súas teses de doutoramento, actualmente superamos as dúas mil, nas que actuamos de meros transmisores. Vamos cos libros...

Nos libros, o regulamento contempla tres modalidades; unha é o selo USC editora que financia o cen por cento e que é da noa responsabilidade científica. Como avalía a calidade científica dos orixinais? Cun doble sistema de avaliación por pares. Un sistema interno no que temos dezaoito especialidades, que fan unha primeira cata sobre o orixinal e logo envíanse a dous referee, dobre cega do autor para o referee e deste para o autor. A USC editora ten actualmente seis subseries: Académica, Clave. Ensaio, Textos, Manuais e Cuardenos de Español para Extranxeiros. En calquera deles o sistema é igual e ten como manifestación do seu proceso de calidade a Norma ISO 9001 desde o 2014. A Norma avalia non produtos senón os procesos e dá fe de que esos procesos de calidade son impecables. Por eso, doe que se poida desconfiar dos nosos procesos.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

01 jul 2018 / 21:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito