Conde abre unha exposición sobre os homes-montaña
O Centro Cultural de Ourense acolle esta mestura de vinte conxuntos escultóricos
![Conde abre unha exposición sobre os homes-montaña Conde abre unha exposición sobre os homes-montaña](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x550/0c22/900d506/none/102922340/FNHO/43_601743_0x0_izda_CG764561_MG157712203.jpg)
![Conde abre unha exposición sobre os homes-montaña Conde abre unha exposición sobre os homes-montaña](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x549/0c22/900d506/none/102922340/UFRB/43_601744_308x0_izda_CG764561_MG157712204.jpg)
O escultor ourensán Ramón Conde inaugurou onte, no Centro Cultural Marcos Valcárcel da capital das Burgas, a su exposición sobre os "homes-montaña". Psicoloxía, soños e a paisaxe humana mestúranse nos vinte conxuntos escultóricos que exhibe o creador "procurando ensamblar formas e sentimentos para atraer a atención do espectador", explicou onte Conde na presentación da exposición titulada Unha mirada sobre as actitudes humanas.
O artista estivo acompañado polo presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, e polo director do Centro Cultural, Francisco González. Baltar destacou que Conde "é un dos artistas máis representativos da escultura galega e forma parte do conxunto de creadores máis recoñecidos da nosa provincia, xunto con Buciños, Arturo Baltar, Xosé Cid, Acisclo Manzano e Ignacio Basallo".