Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

O Consello da Cultura reivindica o Xosé María Díaz Castro tradutor

Preséntase unha edición conmemorativa ao coidado de Armando Requeixo

    Santiago. O Consello da Cultura Galega presentou onte á mañá o Cartafol de traducións e outros poemas, a edición conmemorativa que lle dedica a Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste 2014.

    Baixo o coidado e a edición do crítico Armando Requeixo (Mondoñedo, 1971), esta obra integra as dúas grandes paixóns que marcaron a vida deste escritor ao que se honra (1914-1990), a tradución, unha faceta en que foi moi versátil, e a poesía.

    EDICIÓN CONMEMORATIVA. Cada ano, o Consello da Cultura Galega (CCG) realiza unha edición conmemorativa de materiais e textos sobre os homenaxeados na efeméride do 17 de maio, e nesta ocasión é a quenda deste ilustre lucense que se iniciou na escritura de neno e continuou co oficio ata semanas antes da súa morte.

    Na presentación, celebrada na sede do Consello da Cultura en Santiago de Compostela, participaron o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, o editor do Cartafol, Armando Requeixo, o presidente do Pen Clube, Luis González Tosar, e o deán da catedral de Santiago, Segundo Pérez, “paisano” de Díaz Castro en Guitiriz.

    “Queriamos pór a atención no papel de Díaz Castro como tradutor”, indicou Ramón Villares durante a celebración do acto en Raxoi.

    Así, a publicación, dividida en dous volumes, contén por un lado a edición facsimilar dos textos traducidos por Díaz Castro, desde linguas como o francés, o alemán ou o inglés, e, por outro, o estudo introdutorio, transcrición de textos e notas a cargo de Armando Requeixo.

    Para Luis González Tosar, tamén poeta e amigo persoal do poeta chairego, “o libro demostra a habilidade de Xosé María Díaz Castro para asimilar novas linguas con rapidez”.

    21 mar 2014 / 20:06
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito