A escrita contra a loucura
M. Lourenzo González continúa en Flor de area a historia de Irmán do vento, novela gañadora do Premio Merlín en 2003
Xa pasou unha década desde que Manuel Lourenzo González mereceu o Premio Merlín por unha novela centrada no conflito bélico en Iraq, tempo no que aínda seguen sendo moitas as novas que falan de atentados, mortes e miseria nun país devastado polo terror, sumido na inestabilidade e a confrontación. Unha fatal actualidade que pon de manifesto que, máis alá da desexada paz mundial, predominan múltiples intereses económicos, comerciais e estratéxicos.
Este é o escenario elixido polo autor pontevedrés para introducirnos na vida de Amrah, nome que significa "flor de area" e dá título á novela, unha moza que a través das súas vivencias retrata unha guerra que vai máis alá dos límites do propio país e na que a loita pola supervivencia e por un futuro mellor parece condenada ao fracaso.
Esta historia continúa no tempo a protagonizada por Kaled en Irmán do vento e recrea feitos máis recentes, como a chegada ao poder de Obama ou a liberación dos presos de Guantánamo.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt