Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 20 julio 2024
09:49
h

O futuro da muller-casa-Rosalía

Luis Gil e Cristina Nieto dirixiron a primeira fase da rehabilitación da vivenda da poeta nacional, en Padrón, que mañá reabre ao público//A intervención arquitectónica ‘limpa’ o espazo expositivo, rehabilítao para o novo proxecto museográfico e avanza na arelada accesibilidade

Entre 1946 e 1947 a artista francesa Louise Bourgeois facturou unha serie de debuxos e pinturas, titulada Femme-Maison, que deviría nunha icona das representacións plásticas do feminismo de finais do século XX. Aquelas figuras, metade muller, metade casa, cifraban a dualidade do fo-gar como reduto da sociabilidade feminina pero tamén como representación da institución, do poder. Naquel mesmo ano de 1946, lonxe de París, na outra estremeira do Camiño francés, nunha Galiza entebrecida pola posguerra, un compostelán chamado Xosé Mosquera, O Vellos dos Contos, puña os ollos sobre unha propiedade á venda en Padrón, á beira das vías do tren: a Casa da Matanza, na que Rosalía de Castro vivira os derradeiros anos da súa vida. A súa idea de converter aquela vivenda nun epicentro da cultura galega precisou do decisivo concurso económico dun outro amigo, José Villar Granjel, que, canda Mosquera, mediou na adquisición do inmoble e puxo os cartos ao contado, 85.000 pesetas da época, para pechar o trato. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

14 mar 2013 / 21:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito