Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

En Galicia existen setenta e catro especies en perigo de extinción

O COBGA sinala as eivas de protección no Día Mundial do Medio Ambiente

    Santiago. Co gallo da celebración hoxe do Día Mundial do Medio Ambiente, o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) fixo público un comunicado no que pon de relevo varios asuntos pendentes no axenda medioambiental galega, entre eles os efectos das especies exóticas invasoras, os incendios forestais, a conservación de varias especies ameazadas, a aplicación de insecticidas e as radiacións electromagnéticas non ionizantes.

    No caso das especies invasoras, que ameazan a biodiversidade e a economía de Galicia, os biólogos lembran "o bambú xaponés, o xacinto de auga, o fento de auga, o visón americano, o nematodo do piñeiro, a unlla de gato ou a herba da Pampa, entre outras", e pídenlle á Administración autonómica ambiental o desenvolvemento e aplicación dos contidos do Real Decreto 1628/2011. Ademais chaman a atención, e tras a desfeita das Fragas do Eume, o COBGA reitera "a importancia de establecer unha política forestal que prime a prevención". 

    Más información en El Correo Gallego en Orbyt

    04 jun 2012 / 21:15
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito