Galicia Hoxe aínda vive grazas o bo xornalismo
Catro artigos publicados no desaparecido xornal, premiados co Reimóndez Portela
![Galicia Hoxe aínda vive grazas o bo xornalismo Galicia Hoxe aínda vive grazas o bo xornalismo](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x576/0c35/900d506/none/102922340/YBXN/cp53f04802131_548130_CG696916_MG140247955.jpg)
![Galicia Hoxe aínda vive grazas o bo xornalismo Galicia Hoxe aínda vive grazas o bo xornalismo](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x559/0c27/900d506/none/102922340/CCUA/cp53f04802131_548131_CG696916_MG140247956.jpg)
![Galicia Hoxe aínda vive grazas o bo xornalismo Galicia Hoxe aínda vive grazas o bo xornalismo](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x559/0c27/900d506/none/102922340/BYUA/cp53f04802131_548132_CG696916_MG140247957.jpg)
![Galicia Hoxe aínda vive grazas o bo xornalismo Galicia Hoxe aínda vive grazas o bo xornalismo](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x574/0c34/900d506/none/102922340/VAWP/cp53f04802131_548133_CG696916_MG140247958.jpg)
![Galicia Hoxe aínda vive grazas o bo xornalismo Galicia Hoxe aínda vive grazas o bo xornalismo](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x633/0c64/900d506/none/102922340/UWTP/cp53f04802131_548134_CG696916_MG140247959.jpg)
A calidade literaria, o uso do léxico foron dous dos argumentos que levaron o xurado do Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela a conceder este galardón a catro artigos de Juan Luis Blanco Valdés publicados no xa desaparecido diario Galicia Hoxe, que editaba o Grupo Correo Gallego.
Este premio, que foi fallado o pasado 29 de agosto polos membros correspondentes do xurado cualificador da XVI edición deste premio, mantén vivo o espírito periodístico do xornal, o único escrito en galego, que editó don Feliciano Barrera e dirixíu Caetano Díaz ata a súa desaparición.
O xurado, que estivo presidido por Mercedes Cuiña, valorou dos artigos gañadores a calidade literaria, o uso do léxico e sentido do humor e igualmente por abordar temas de actualidade dende un coñecemento profundo da cultura popular que mostrou Blanco Valdés.
O xurado cualificador, agradeceu a masiva participación e destacou a calidade temática e narrativa dos traballos presentados o concurso.
O acto de entrega do premio será o vindeiro día 16 de setembro ás 19.00 horas, no marco da XXV Feira do Moble de Galicia. O premio está dotado con 1.000 euros, talla conmemorativa e diploma acreditativo.
Unha vez teña lugar este acto, quedará aberto o prazo de recepción de novos artigos para todos os interesados en participar na vindeira edición deste premio, único en Galicia destas características que potencia e fomenta a lectura en galego.
O xurado que se reuniú na Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada estuvo composto por Juan Manuel Constela, Valentín García, Enrique Otero Fernández, Juan Andrés Fernández Castro y José Manuel Bouzas Blanco, quen asemesmo exerceu de secretario en funcións.