Lembrando a Castelao no sesaxésimo sexto aniversario do seu pasamento
Morreu o 7 de xaneiro de 1950 no sanatorio do Centro Galego de Bos Aires, sendo enterrado o 9 de xaneiro no Cemiterio da Chacarita
![Lembrando a Castelao no sesaxésimo sexto aniversario do seu pasamento Lembrando a Castelao no sesaxésimo sexto aniversario do seu pasamento](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/904x506/2c0/900d506/none/102922340/QTVM/mella_713385_0x0_izda_CG973379_MG150429867.jpg)
![Lembrando a Castelao no sesaxésimo sexto aniversario do seu pasamento Lembrando a Castelao no sesaxésimo sexto aniversario do seu pasamento](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/907x506/4c0/900d506/none/102922340/GNVX/mella_713386_310x0_izda_CG973379_MG150429868.jpg)
![Lembrando a Castelao no sesaxésimo sexto aniversario do seu pasamento Lembrando a Castelao no sesaxésimo sexto aniversario do seu pasamento](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/906x506/3c0/900d506/none/102922340/FFVR/mella_713387_308x0_izda_CG973379_MG150429869.jpg)
![Lembrando a Castelao no sesaxésimo sexto aniversario do seu pasamento Lembrando a Castelao no sesaxésimo sexto aniversario do seu pasamento](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/905x506/3c0/900d506/none/102922340/WJVS/mella_713388_118x0_izda_CG973379_MG150429870.jpg)
O Panteón de Galegos Ilustres acolleu a tarde de onte unha ofrenda floral e homenaxe á figura de Castelao no sesaxésimo sexto aniversario do seu pasamento.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao morreu o 7 de xaneiro de 1950 no sanatorio do Centro Galego de Bos Aires, sendo enterrado o 9 de xaneiro no Cemiterio da Chacarita.
Convocados pola Fundación Castelao e coa participación da Secretaría Xeral de Política Lingüística, déronse cita representantes da sociedade, da política e da cultura de Galicia que deron lectura a fragmentos do Sempre en Galiza. Interviñeron, entre outros, Carlos Mella, presidente da Fundación Castelao, Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística e Adolfo Muíños, alcalde do concello de Rianxo.
Neste acto lembramos a figura de Castelao, fundamental na escena cultural e política galega da primeira metade do século vinte, que reflectiu na súa obra pictórica e literaria o compromiso que o unía a súa terra. Xa dixo Paz Andrade falando do seu amigo finado, que foi un home que traballou polo ben dos demais, pola sorte do seu pobo e pola ascensión do espírito.
Rematou o acto cunha actuación musical e coa interpretación do himno galego por parte dos asistentes.