Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 20 julio 2024
09:49
h

O Manuel Lueiro Rey, para Chelo Suárez Muíños

    RECOÑECEMENTO Con sorpresa e alegría reaccionaba onte a escritora coruñesa Chelo Suárez Muíños logo de recibir o XVII Premio Manuel Lueiro Rey, pola súa obra As horas rotas. O xurado do galardón, convocado polo Concello do Grove e dotado con 3.000 euros, valorou especialmente "o lirismo e a poética dos puntos de vista dos personaxes" da novela, na que aborda "con orixinalidade" o contexto da Guerra Civil española. O escritor e profesor Manuel Quintáns presidiu o xurado, formado polos críticos literarios Armando Requeixo e Francisco Martínez, a autora Ánxela Gracián -que actuou nesta ocasión por delegación da editorial Sotelo Blanco- e a escritora An Alfaya, que resultou gañadora da edición anterior con Areaquente. O concelleiro de Cultura do Grove, Antón Mascato, actuou como secretario, con voz e sen voto.

    Chelo Suárez

    escritora

    "Falar da Guerra Civil é falar da ruptura de familias. É máis horrendo que morrer"

    04 sep 2010 / 23:23
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito