Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 20 julio 2024
09:49
h

Pesar polo pasamento en Barcelona da profesora e filóloga Sabela Labraña

Vencellada á Universidade de Barcelona, foi unha das máis activas e entusiastas difusoras do idioma de Galicia en Cataluña

Este sábado coñecíase, con profunda dor e consternación, o pasamento en Barcelona da profesora cedeiresa Sabela Labraña Barrero, doutora en Lingüística, e un dos referentes máis destacados no ensino da lingua galega na Universitat de Barcelona, á que se vencellou no seo do departamento de Estudis Gallecs i Portuguesos, canda o grupo do catedrático Basilio Losada. Tamén foi Labraña un referente nos institutos de secundaria, ámbito no que coordinou o Proxecto Galauda (Ensino da lingua e cultura galegas na Secundaria catalá), iniciativa que posibilitou o acceso ao idioma de Galicia de centos de estudantes cataláns desde o ano 1999, malia que nun primeiro momento fose pensado para a segunda xeración de galegos en Cataluña, fillos das galegas e galegos emigrados a ese país. No marco deste proxecto pedagóxico dirixiu o libro Vencello. Lingua e cultura galegas para estudiantes de fóra de Galicia (2001).

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

28 dic 2015 / 00:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito