O Ramón Piñeiro de ensaio, para Rafael Quintía Pereira
O antropólogo fíxose co galardón con Mariña, de deusa a santa. A advocación de Santa Mariña na cristianización da Gallaecia
O antropólogo e escritor vigués Rafael Quintía Pereira fíxose coa XVI edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, galardón que convocan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa, pola obra Mariña, de deusa a santa. A advocación de Santa Mariña na cristianización da Gallaecia. O galardón está dotado con 3.000 euros e a publicación do traballo pola editorial Galaxia.
Así o deu a coñecer onte o xurado no seu ditame, no que destacou a prosa áxil e fluída na que está escrito o texto e mais a inserción do ensaio nunha tradición que chanta as súas raíces no traballo do Seminario de Estudos Galegos. Integrárono nesta ocasión Luís Alonso Girgado, Carlos Lema, Marilar Aleixandre, Uxío Labarta Fernández e Inma López Silva, quen elixiron a peza por maioría e quixeron deixar constancia da calidade dos seis orixinais que concorreron a esta edición e da variedade de temas tratados neles.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt