Xesús Rábade deita en Sobre ruínas a súa lírica en rebeldía
O escritor publica en Alvarellos unha presada de poemas indóciles, alleos á resignación
Pouco de submisión e moito de combate para este tempo de derrotas hai nos versos do poemario Sobre ruínas, de Xesús Rábade Paredes, que edita o selo Alvarellos e que esta tarde se vai presentar no Paraninfo da Universidade, ás 19.30 horas. Canda o autor estarán, na vella Facultade de Xeografía e Historia, o editor Henrique Alvarellos, as poetas Rosa Enríquez e Marica Campo, o vicerreitor da Universidade de Santiago, Francisco Durán e a música do pianista Abe Rábade.
Afirmaba W. G Sebald no seu libro Austerlitz, que "os edificios que crecen até o desmesurado proxectan xa a sombra da súa destrución e foron concibidos desde o principio con vistas á súa existencia ulterior como ruínas ". Un espellismo, o da nosa sociedade opulenta e desenvolvida, que ergueron, para logo devastalo, os poderes políticos e económicos. Xesus Rábade sáese da sombra, tamén do espellismo, para compilar aquí uns versos poderosos, que son a cifra máis clara da súa lírica en rebeldía.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt