Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h
o fume é visible desde santiago

Activado o nivel 2 de alerta no incendio de Calo por risco para vivendas e persoas

Xa son 20 as hectáreas calcinadas polo lume, que segundo a Xunta está "estabilizado"

As autoridades elevaron ao nivel 2 o risco de alerta na parroquia de Calo, do municipio coruñés de Teo, moi preto de Santiago, a raíz da evolución do incendio que xa calcinou 20 hectáreas e que pon en risco ás vivendas e ás persoas. Pouco antes das dez da noite, a Xunta afirmaba no seu twitter de incendios que o lume está estabilizado. Os veciños teñen o medo no corpo desde que esta tarde se declarase un incendio forestal moi preto das súas casas. O lume, segundo as informacións da Xunta, iniciouse ás 17:40 horas no lugar de Texexe. Os equipos de loita contra o lume foron ampliados e mesmo actuou un helicóptero, que chegou á zona dúas horas despois de iniciado o lume. Ademais, participan nas tarefas cinco axentes forestais, catro brigadas, tres motobombas e membros de protección civil e policía local de Teo.

29 jun 2015 / 18:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito