Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

Ames contrata o servizo de mantemento das illas de contedores soterrados

Este servizo foi adxudicado á empresa Ecolimsistem SL por un importe de 26.730 euros, IVE incluído, por un período de dous anos, prorrogables por períodos dun ano, ata un máximo de catros anos

    O Concello de Ames vén de contratar o servizo de mantemento preventivo e correctivo das illas de contedores soterrados que existen no municipio. Este servizo foi adxudicado á empresa Ecolimsistem SL por un importe de 26.730 euros, IVE incluído, por un período de dous anos, prorrogables por períodos dun ano, ata un máximo de catros anos (incluído o período inicial e prórrogas). A través deste servizo acometeranse as tarefas de mantemento e reparación das 13 illas de colectores soterrados que están distribuídas polos núcleos de Bertamiráns e do Milladoiro e en dúas urbanizacións.

    A empresa Ecolimsistem SL encargarase do servizo de mantemento e reparación das 13 illas de colectores soterrados que existen no Concello de Ames. Este servizo foi adxudicado por un importe de 26.730 euros, IVE incluído. O contrato coa empresa adxudicataria terá unha duración inicial de dous anos prorrogable expresamente por períodos dun ano, por mutuo acordo das partes, ata un máximo de catro anos (incluído o período inicial e prórrogas).

    Os traballos de mantemento que se realizarán consistirán na revisión completa das illas de colectores cunha periodicidade bimestral. Deste xeito, comprobarase o funcionamento das devanditas illas de contedores, revisarase a instalación mecánica, a estanquidade e a instalación hidráulica (con recheo dos niveis de aceite se procede, e reposición da pequena tornillería).

    A través destes traballos o Concello de Ames pretende manter en boas condicións de funcionamento e salubridade os colectores soterrados municipais. Para a realización destes traballos contarase cun camión adaptado cunha bomba hidráulica para subir os módulos de materia orgánica e inertes, así como un camión grúa para subir os contedores de vidro e de papel-cartón.

    Ademais, cada dous meses, como mínimo, realizarase a conservación hixiénica consistente na limpeza e achique de augas que se acumulen no interior dos fosos, así como as labores para manter a súa estética en óptimas condicións, realizando cando sexan necesarias reparacións de pintura, logos, etc. As reparacións que sexan necesarias nos colectores soterrados acometeranse como máximo nun prazo de 36 horas, aínda que a empresa adxudicataria comprometese a realizalas nun prazo máximo de 12 horas.

    Distribución dos colectores no municipio
    No Milladoiro existen un total de nove illas de colectores soterrados (dúas na rúa da Raxoeira, dúas na rúa dos Pardiñeiros, dúas na rúa da Cruxa, unha na rúa Travesa, unha na rúa da Estivada de Castelao e outra na rúa do Seixo). No resto do concello hai outras catro illas. En Bertamiráns hai dúas illas deste tipo de colectores (unha na praza da Maía e outra na praza de Chavián). Ademais, existe unha illa de colectores soterrados na urbanización de Aldea Nova e outra na urbanización das Mimosas.

    27 oct 2014 / 17:40
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito