Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

Ames licitará por 15 años y 33,5 millones traída y saneamiento

Incluirá control de vertidos e informatización de la red // PxA reitera el plagio y se abstuvo

    El PP logró el apoyo de Ames Novo y PSOE para un Plan de Xestión Ciclo Integral da Auga que renovará, por 15 años, el servicio del abastecimiento y saneamiento amiense por un importe de 33,5 millones y canon de 4. Solo se abstuvo Pacto por Ames, reiterando que el pliego había sido plagiado del que existe en el Ayuntamiento de Cáceres.

    En lo que atañe a dicha renovación, la concesionaria tendrá que incluir un plan de control de vertidos, de fugas, control del agua e impacto ambiental, así como la modernización de la tecnología existente, del parque móvil y una informatización del sistema que permitirá, por ejemplo, que los vecinos conozcan sus consumos a través de Internet. De esta forma, Ames Novo justificaba su apoyo por la aceptación de una comisión intergrupos –que "foi obligada por estar o PP en minoría", aludía Anxo Doval– y por un contenido "que amosa o bo facer dos técnicos", recordando que "o que a nós nos importa é a calidade do servizo".

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt


    O pleno de Ames aproba por unanimidade a nova composición das comisións informativas e dá luz verde á licitación do contrato de saneamento e abastecemento

    CONCELLO DE AMES

    O pleno ordinario do mes de setembro no Concello de Ames deu luz verde á licitación do servizo público do 'Ciclo integral da auga'. Ademais, e logo de varios intentos do Goberno municipal para tentar regularizar a situación e de presentar unha proposta xa o pasado mes de abril, chegouse a acordo e a Corporación municipal aprobou por unanimidade unha moción de urxencia asinada por todos os concelleiros para a nova composición das comisións informativas.

    En virtude desta moción, acordouse modificar a composición destes órganos, quedando con esta representación: 2 representantes do grupo municipal popular (incluído o presidente), 2 representantes do grupo municipal socialista e 3 concelleiros non adscritos.

    A moción sobre as comisións informativas tamén inclúe o acordo de que os concelleiros/as non adscritos teñen un prazo de 10 días naturais desde a aprobación desta nova composición para nomear e comunicar os seus representantes. Finalmente, a proposta acordada foi a mesma presentada no seu día polo grupo de Goberno en canto ao número de representantes dos grupos municipais e dos concelleiros non adscritos.

    Na súa intervención, o alcalde de Ames, Santiago Amor, explicou que tras a proposta presentada polo Goberno o pasado mes de abril e do informe emitido pola Deputación da Coruña, esta semana mantívose unha reunión na que estiveron presentes representantes dos diferentes grupos municipais e dos concelleiros non adscritos. O rexedor destacou que neste encontro, “propúxose unha solución á composición das comisións informativas e acadouse o compromiso de fixar unha reunión para a vindeira semana de cara a iniciar os traballos para elaborar o regulamento de organización de pleno, así como de participación veciñal”.

    Saneamento e abastecemento

    Ademais de aprobar a nova composición das comisións, o pleno tamén deu luz verde ao procedemento aberto con varios criterios de adxudicación para o contrato de abastecemento e saneamento do Concello de Ames para os próximos 15 anos. Durante a sesión plenaria, a concelleira de Medio Ambiente, María Eugenia Martín, explicou que desde xullo de 2011 fíxose un seguimento do servizo e comezouse o estudo do contrato da concesión, datado de 1998. Unha vez recabada esa información, creouse unha comisión de técnicos que requiriu información de maior complexidade para a elaboración do prego técnico. Seguidamente, púxose en marcha unha comisión con representantes políticos e, durante estes meses, traballouse na redacción dos pregos técnicos e administrativos que rexen o contrato que agora se saca a licitación.

    María Eugenia Martín explicou que “a finalidade destes traballos foi elaborar uns pregos de máximos e de futuro nos que se reflicten os posibles cambios demográficos e de infraestruturas que pode experimentar Ames nos vindeiros 15 anos”. A concelleira detallou que nos pregos introdúcense importantes melloras como a elaboración dun plan de vertidos, outro de fugas ou de calidade da auga. Ademais, explicou que se modernizará o servizo mediante a introdución de avances tecnolóxicos como un sistema de información xeográfica ou a posta en marcha dunha páxina web na que consultar os consumos. María Eugenia Martín agradeceu o traballo de todos aqueles que colaboraron na elaboración destes pregos, entre os que destacou os técnicos, traballadores municipais ou a parte dos membros da oposición.

    Na mesma liña manifestouse o alcalde de Ames, Santiago Amor, que subliñou que “o Concello fixo o que se debe de facer; redactar os pregos sen pedir asesoramento a ningunha empresa que puidese estar interesada no procedemento”. O rexedor fixo fincapé en que “se tratou dun proceso totalmente transparente” e destacou que “os principais beneficiados serán os veciños, xa que son uns pregos adaptados ao momento actual”.

    O servizo de abastecemento e saneamento municipal vénse prestando pola empresa concesionaria Espina y Delfín mediante un contrato asinado en setembro de 1998 e que ten unha vixencia de 15 anos, rematando neste 2013. O Goberno amiense é consciente da vital importancia deste servizo, por afectar a todos e cada un dos veciños e veciñas do Concello de Ames e referirse a unha prestación de carácter obrigatorio, intimamente ligada á vida diaria dos cidadáns. Ademais, esta concesión representa o contrato máis importante desde o punto de vista económico dos que actualmente mantén o Concello.

    Mocións

    No pleno de setembro tamén se aprobaron dúas mocións presentadas polo grupo socialista e que contaron con emendas do grupo municipal popular. A primeira moción, sobre os incendios forestais, contou cunha emenda do grupo municipal popular e foi aprobada coa abstención do grupo socialista.

    Tamén se abordou unha moción sobre a situación dos pensionistas que teñen prestacións no estranxeiro, que tamén contou cunha emenda do grupo popular e que foi aprobada por unanimidade.

    27 sep 2013 / 00:11
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito