Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 29 julio 2024
19:16
h

Ames saca a licitación o servizo do ciclo integral da auga por 9 meses

O PSOE critica que non se informase a oposición e pediron toda a documentación

    Ames. O Concello de Ames vén de sacar a concurso o ciclo integral da auga para adxudicarlle a unha empresa externa a xestión do servizo público de abastecemento domiciliario de auga potable, saneamento e depuración de augas residuais do Concello de Ames. O contrato tería unha duración de nove meses.

    O anuncio da licitación saiu publicado onte no Boletín Oficial da Provincia. Dende o goberno municipal manifestaron que "se adoptou esta decisión despois de que a proposta de licitar este servizo, por un periodo de dous anos, fose rexeitada nos plenos do pasado mes de maio e xuño, por parte dos concelleiros da oposición", e engaden que "debido a iso, e como un servizo tan importante como éste non pode quedar sen relación contractual, tivemos que optar por aprobar en xunta de goberno local a licitación de dito servizo".

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    31 jul 2014 / 21:39
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito