Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

A biblioteca de Ordes achega aos nenos a literatura a través dos seus clubes de lectura

    A biblioteca municipal do Concello de Ordes acolleu esta tarde a primeira xuntanza dos seus novos clubes de lectura. Unha nova iniciativa promovida pola dirección do centro e na que participarán rapaces de 6 a 11 anos repartidos en dous grupos distintos. Con esta nova actividade, na que se pode participar completamente de balde, preténdese fomentar o hábito á lectura, o desenvolvemento das capacidades literarias, así como o manexo das distintas ferramentas de consulta e fondos pertencentes á biblioteca. Con elo tamén se pretende traballar no eido da expresión oral en público por parte de todos os participantes. Para complementar os encontros e a análise das obras sobre as que traballarán tamén se realizarán outra serie de actividades, como son as visitas de persoeiros relacionados coa trama. “En definitiva o que se pretende é amosar ós libros como un elemento de axuda no que calquera se pode apoiar ao longo da súa vida”, aclaran os responsables deste clube que hoxe arranca a súa andaina.

    02 oct 2013 / 11:59
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito