Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h
concurso

Climántica premia a dous alumnos de Outes e Rois

Os traballos medioambientais de José del Río e Martina Fuentes foron os máis valorados polo xurado do concurso

    No concurso do Congreso xuvenil internacional CLMNTK 2015, no que participaron alumnos de 8 sistemas educativos diferentes, dous dos tres traballos máis valorados polo xurado foron realizados por un alumno de Outes e por outra de Rois, ainda que o primeiro premio o levou unha iniciativa doutro rapaz de México D. F.

    Os alumnos con produtos máis destacados participarán no campus xuvenil internacional Climántica sobre respostas educativas ao cambio climático que se celebrará do 3 ao 7 de setembro no Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM) que está situado en Valsaín (Segovia).

    Cada alumno premiado levará ao docente que o orientou na realización do seu produto de sensibilización, e este sumarase a un seminario docente de investigación acción sobre o desenvolvemento do campus para investigar sobre as outras formas de ensinar e aprender que demanda o cambio climático. Este seminario está acreditado polo Ministerio de Educación con 50 horas de formación permanente do profesorado. Galicia envía unha delegación formada por participantes no congreso xuvenil internacional do IES Poeta Añón de Outes, do CPI dos Dices de Rois, do IES Arzúa, do IES Nº 1 de Ribeira, do IES Espiñeira de Boiro, do IES Virxe do Mar e IES Campo de San Alberto de Noia.

    Gañou un traballo de México D. F. porque, aínda que foi menos valorado polo xurado que os dous galegos, tivo moito máis votos por parte de usuarios da plataforma, pois as visitas de México ao portal de Climántica son prácticamente iguais ás do conxunto de todas as visitas de España.

    O traballo clasificado en segundo lugar ten por autor a un alumno do IES Poeta Añón de Outes. Trátase de José del Río López, de 12 anos, que con A auga, fonte de vida foi o máis valorado polo xurado.

    No tercer posto quedou Martina Fuentes Morono, estudiante do CPI dos Dices de Rois. O seu traballo titulase Telexornal Medioambiente.

    CAMPUS

    Os traballos individuais máis destacados no concurso de Climántica serán presentados nun campus que, previsto do 3 ao 7 de setembro, tendrá lugar no Centro Nacional de Educación Ambiental, que está situado en Segovia.

    18 jun 2015 / 22:26
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito