Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 20 julio 2024
09:49
h

Dezaseis pemes turísticas de Deza-Tabeirós aprenderon a abrir mercado

A Feira Internacional de Galicia clausurou o curso preparativo para o Turexpo

    Silleda. A Feira Internacional de Galicia clausurou o martes un curso no que 16 pemes turísticas ubicadas no xeodestino Deza-Tabeirós se formaron para acadar o máximo rendemento na súa asistencia a mesas internacionais de contratación con turoperadores, en Turexpo. Coorganizado por este ente feiral e a Secretaría Xeral para o Turismo, forma parte dun programa que consiste na realización dun total de 19 cursos en 18 localidades galegas establecidas en función dos xeodestinos e subxeodestinos turísticos.

    O curso de Deza-Tabeirós contou con sesións presenciais que se celebraron no recinto feiral do 15 ao 17 de outubro, un seguemento on-line posterior e unha sesión de posta en común para valorar o aprendido que tivo lugar como peche do curso, e que estivo seguida da entrega de diplomas.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    21 nov 2012 / 21:05
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito