Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 29 julio 2024
19:16
h

O festival cultural de Ames consolídase no panorama galego

Máis de 600 persoas estiveron nos Encontros no Pazo // Leilía baixou o telón da cita musical

    O festival de verán Encontros culturais encheu de música e bo ambiente os exteriores do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, nos dous últimos fins de semana. Contou cunha grande afluencia de público, arredor de 600 persoas -explican fontes municipais- que fixeron que se consolide no panorama galego coma unha cita fixa do calendario estival.

    A primeira xornada transcurriu o pasado día 4 e contou coa actuación de Cé Orquestra Pantasma, cun espectáculo de animación ao que asistiron un gran grupo de nenos. Tamén actuou A Requinta da Amaía, que impartiu un obradoiro de baile coa participación do público. Tívose que pospoñer o concerto do grupo de folk Os Cempés, que volverá a escea en canto a axenda llo permita.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y Orbyt

    15 jul 2014 / 21:14
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito