Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

Novos valores para Terras co Día das Letras Galegas

Sara Riveiro gañou os certames literarios de Negreira e Ames // Palabras musicadas para Bolaño en Rois

O Día das Letras segue a dar que falar, e despois de conmemorarse a efeméride, continua a chuvia de actos e resultados dos moitos certámenes que tomaron a xeografía de Terras. E, como non, algúns destes concursos xa empezan a ter nome propio, como o de Sara Riveiro Capeáns, unha moza barcalesa que fixo, nada menos, que doblete o pasado xoves, arrasando e levando os primeiros galardóns de narrativa e contos convocados no Concello de Ames e no seu, o de Negreira.

A rapaza, que xa acadara a máxima distinción en anteriores edicións, ven a levar o máximo premio (unha tablet) no VIII Certame de contos Cóntame un conto, co relato Ali e ela (Tablet), namentres que o VIII Certame de pintura infantil Negreira en cor foi para Helena Gómez e Alejandra Saavedra (outra tablet), por Fondo de mar. Na categoría de 13 a 18 anos arrasou Alaska Mariño pola obra Tentación de San Antonio Dalí (acadou unha tablet).

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

20 may 2013 / 21:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito