Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

Organízase un obradoiro de decoración natural de Nadal

Os/as interesados/as deberán anotarse chamando ao teléfono da Aula da Natureza 660 004 665 ou enviando un correo electrónico á dirección auladanatureza@concellodeames.org // Tamén se poden inscribir na concellaría de Medio Ambiente chamando ao teléfono 662 377 544 ou enviando un correo electrónico ao enderezo medioambiente@concellodeames.org

    A Concellaría de Medio Ambiente, a través da Aula da Natureza, organiza un obradoiro de decoración natural de Nadal, que está dirixido a todos os públicos. Tanto os nenos/as coma os adultos aprenderán a elaborar adornos de Nadal con materiais naturais e de refugallo. Este obradoiro desenvolverase os días 1 e 15 de decembro, de 11:00 h a 13:00 h, nas instalacións da Aula da Natureza. Os/as interesados/as deberán anotarse chamando ao teléfono da Aula da Natureza 660 004 665 ou enviando un correo electrónico á dirección auladanatureza@concellodeames.org. Tamén se poden inscribir na concellaría de Medio Ambiente chamando ao teléfono 662 377 544 ou enviando un correo electrónico ao enderezo medioambiente@concellodeames.org. Para esta actividade ofértanse un total de 30 prazas.

    Este obradoiro celebrarase os sábados 1 e 15 de decembro, entre as 11:00 h e as 13:00 horas, nas instalacións da Aula da Natureza, situada na parroquia da Ameixenda, e poderán acudir todos aqueles interesados/as na elaboración de adornos de Nadal, sen límite de idade, dende os máis pequechos da casa ata os máis maiores. Trátase dun obradoiro único que está dividido en dúas xornadas. As persoas que acudan o día 1 tamén deben ir o día 15 de decembro. Os rapaces e rapazas poden acudir sós ou acompañados polos seus pais ou avós.

    Os nenos/as e adultos poderán facer adornos de Nadal con materiais naturais e de refugallo (paus, ramas de árbores, arxila, filtros de café, cordas, palla, cordeis, etc.) A actividade será totalmente gratuíta. Neste obradoiro, os rapaces e rapazas terán a oportunidade de crear unha árbore de Nadal decorada con flores para colgar na parede. Este elemento decorativo elaborarase a partir de filtros de café que serán tinguidos. Por outra banda, vanse realizar varias bolas de distintos tamaños con cordas. Estas bolas poderán decorarse ao gusto de cada un dos participantes. O último traballo será un pequena fonte con forma de folla de vide, onde se poderán colocar as doce uvas que se comen a noite de fin de ano.

    Chocolate de Nadal

    No descanso do obradoiro haberá tempo para tomar un chocolate quente para que todos os asistentes poidan repoñer forzas e seguir traballando na elaboración de adornos de Nadal. Con esta actividade a Aula da Natureza pretende concienciar á cidadanía de que en lugar de lanzarse a comprar de forma case instintiva adornos de Nadal, pódense elaborar con materiais naturais que todos temos á man e crear así uns elementos decorativos moito máis orixinais e que terán un toque moi persoal e natural. Ademais, amosarán o noso compromiso coa natureza e darán a coñecer unha nova forma de reciclaxe.

     As persoas interesadas deberán anotarse chamando ao teléfono da Aula da Natureza 660 004 665 ou enviando un correo electrónico á dirección auladanatureza@concellodeames.org. Tamén se poden inscribir na concellaría de Medio Ambiente chamando ao teléfono 662 377 544 ou enviando un correo electrónico ao enderezo medioambiente@concellodeames.org. O prazo de inscrición remata o venres 30 de novembro ás 14:00 horas. A actividade será totalmente gratuíta.

    27 nov 2012 / 17:07
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito