Os pelegríns do Camiño Marítimo obterán a Traslatio
A Cartilla Náutica recoñecerá a singladura do Mar de Arousa e Ulla, que vai de Ribeira ou San Vicente ata Padrón
A divulgación do turismo marítimo verase colmada na ría de Arousa e do Grove coa expedición dunha cartilla náutica precisa para a obtención da Traslatio xacobea, feito que será efectivo a mediados de xuño para todos os pelegríns que realicen a singladura dos restos do Apóstolo en barco, percorrendo a Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.
Deste xeito foi presentada onte nun acto no Club Náutico de San Vicente do Mar. Este contou coa presenza de Nava Castro, secretaria xeral da Axencia de Turismo de Galicia; José Juan Durán, presidente de Portos de Galicia; Miguel Pérez, alcalde de O Grove; Antonio Fernández, rexedor de Padrón; Javier Sánchez Agustino, presidente da Asociación Marítima Mar de Arousa e Ulla e Ulises Bértolo, presidente do Club Náutico de San Vicente, quenes amosaron o seu apoio e colaboración con esta iniciativa.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt