Premio á innovación educativa para o IES Manuel García Barros
Tres promocións de alumnos de latín e grego traballaron nun proxecto de romanización // Dives Gallaecia, coordinado por Álvaro P. Vilariño, incide na pervivencia latina
![Premio á innovación educativa para o IES Manuel García Barros Premio á innovación educativa para o IES Manuel García Barros](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/1095x506/98c0/900d506/none/102922340/GUIS/12_648460_0x0_izda_CG843454_MG147605128.jpg)
![Premio á innovación educativa para o IES Manuel García Barros Premio á innovación educativa para o IES Manuel García Barros](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/1098x506/99c0/900d506/none/102922340/TAYV/12_648461_308x0_izda_CG843454_MG147605129.jpg)
O IES Manuel García Barros da Estrada está de noraboa xa que un dos proxectos feitos no centro acadou o primeiro premio das boas prácticas en innovación educativa, convocado pola Consellería de Educación e Cultura correspondente ao periodo lectivo de 2012-2013, na súa modalidade C, o de uso innovador das tecnoloxías da información e da comunicación que introduzan cambios metodolóxicos. Baixo o lema xenérico Dives Gallaecia, o proxecto educativo incide na romanización de Galicia e na pervivencia do latín nos usos e costumes cotiás.
Según explicou onte a representante dos alumnos que formaron parte desta iniciativa, Patricia Calviño, o traballo é froito de tres anos de investigación e nel participaron tres promocións de alumnos (arredor de 50) de latín e grego do IES Manuel García Barros, coordinados polo profesor Álvaro P. Vilariño. O traballo contou coa colaboración dos docentes Marisa Otero e Miguel Bugallo.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt