O reino do 'Dragal' chega ao Pico Sacro con 232 escolares
Os nenos participaron nun xogo de rol en vivo no monte boqueixanés onde habitou o dragón
O Pico Sacro vestíuse onte entre néboas para recibir aos 232 estudantes de 1º e 2º da ESO e 16 profesores, procedentes de 5 centros galegos, que se convertiron por un día en cabaleiros da Fraternidade do Dragón. O monte boqueixanés convertíuse no esceario perfecto para o densevolvemento do xogo de rol en vivo relacionado coa triloxía de novelas xuvenís publicadas por Elena Gallego Abad, titulada Dragal.
A propia autora recoñeceu onte a súa "emoción" por ver "a implicación e os soños que tanta xente puxo" na aplicación didáctica de Dragal. O proxecto piloto promovido dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística "servíu de base para desenvolver actividades relacionadas coa toponimia" dos concellos onde se ubican os 7 centros escolares participantes, indicou a técnica de este departamento e coordinadora da iniciativa, Xulia Marqués.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y Orbyt