Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

Terras premia aos seus novos literatos

A Biblioteca de Cee entregou os galardóns dos tres certames que convoca de xeito anual // Ames recoñeceu as mellores creacións de narrativa e poesía presentadas ao seu concurso

A conmemoración do Día das Letras Galegas ofrece a oportunidade aos máis cativos de amosar o seu potencial á hora de escribir. Non en van, foron varias as entregas de premios realizadas onte aos novos literatos da comarca.

No caso de Ames celebraron onte un acto na casa da cultura do Milladoiro que arrancou coa actuación da escola municipal de música. Marta Costoya cantou Lela, acompañado por Oscar Súarez coa guitarra. A continuación, procedeuse a entrega dos premios do V Certame Intercentros. A historia da orixe do galego, obra de Manuel Mosquera, gañou na categoría de 3º e 4º de Primaria e o texto Ímonos ao Brasil na categoría de 5º e 6º de Primaria, de Iría Ces e Cristina Boo.

De seguido entregáronse os premios do X Certame Literario que recaeu o primeiro premio de narrativa, para rapaces de ata 13 anos, en Ana López con Cousas da rapaza. Na segunda categoría, de 14 a 17 anos, gañou Sara Riveiro con Monstros de tinta. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

16 may 2013 / 21:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito